AVISOS
01/02/2018
A Biblioteca de Verín recibe o premio María Moliner 2017
Logo María Moliner
Mellor proxecto de animación lectora a municipios entre 5000 e 20000 habitantes

A Biblioteca Municipal de Verín recibiu o pasado día 29 de xaneiro de mans do Ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo o Premio María Moliner 2017 ao mellor proxecto de animación lectora a municipios entre 5000 e 20000 habitantes.

A Biblioteca Municipal recibirá por este premio 12000 euros que lle entregará a Fundación Coca-Cola polo seu proxecto "Voluntariado cultural con rapaces e rapazas para o fomento da lectura", un proxecto consolidado que xurdiu fai nove anos e que converteu á biblioteca nun referente cultural da localidade, que destaca pola seu caracter transfronteirizo levando as actividades ata aldeas próximas do veciño Portugal e polas súas actividades interxeracionais e con colectivos en risco de exclusión social. Ao longo dos nove anos de duración deste proxecto tiveron cabida todo tipo de actividades, conferencias, presentacións de libros, exposicións, concursos, e o servizo estrela do verán a Biblio-piscina.

Desde aquí queremos recoñecer novamente o esforzo do persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín e trasladar a nosa felicitación por este importante recoñecemento ao seu traballo diario.