AVISOS
10/10/2017
As Bibliotecas Municipais de Oleiros recollen o Premio Liber 2017
Entrega Premio Fomento lectura Oleiros
Premio Fomento da Lectura a bibliotecas abertas ao público

O pasado día 5 de outubro dentro do marco da Feira Internacional do Libro Liber 2017, as Bibliotecas Municipais de Oleiros recolleron o Premio Fomento da Lectura a bibliotecas abertas ao público que entrega a Federación de Gremios de Editores de España FGEE, como recoñecemento ao importante labor que o Sistema de Bibliotecas oleirense leva a cabo no desenvolvemento do hábito lector e na transmisión dunha imaxe da lectura como actividade cultural positiva, útil e pracenteira.

A Xunta Directiva da Federación destacou "a súa intensa dedicación chea de actividades nunha área de poboación dispersa", así como a posta a disposición desta de máis de catrocentos postos de lectura e uns fondos bibliográficos moi superiores á media nacional.

Así pois, parabéns ás Bibliotecas Municipais de Oleiros por este importante recoñecemento!