AVISOS
24/08/2017
Campaña de animación á lectura Maria Moliner
Imagen Plan Fomento Lectura 2017-2020
Apertura do prazo para a presentación de proxectos.

Un ano máis o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, pon en marcha a Campaña de animación á lectura María Moliner, co Concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50000 habitantes correspondentes a este ano 2017, no marco do Plan de Fomento da Lectura 2017-2020.

O prazo para a presentación das iniciativas comezou onte día 23 de agosto, e permanecerá aberto ata o día 12 do vindeiro mes de setembro.

O concurso ten por obxectivo premiar ás bibliotecas de municipios de menos 50000 habitantes que leven a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, a eficiencia e o labor bibliotecario, a integración social na súa comunidade, así como a utilización das novas tecnoloxías.

Podedes consultar toda a información, na páxina web habilitada para este fin polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na seguinte ligazón: Premios María Moliner

Na pasada convocatoria 22 bibliotecas galegas estiveron entre as 300 galardoadas.

Desde aquí animamos a todas bibliotecas galegas a participar neste concurso de proxectos e a continuar co importante labor de dinamización e animación á lectura que levan a cabo.

Todas a información, bases da convocatoria, prazo de presentación e instruccións para a elaboración dos proxectos aquí