AVISOS
20/04/2017
Cartel do Día do Libro 2017
Cartel do Día do Libro 2017
Javier Sáez Castán, Premio Nacional de Ilustración 2016

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte fixo público o cartel oficial do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor 2017, que se celebra o 23 de abril de cada ano coa conmemoración da morte de Cervantes e Shakespeare en 1616, así como o nacemento e morte de outros ilustres escritores e que foi promulgado pola UNESCO no ano 1995 a iniciativa de España.

O cartel oficial de este ano foi elaborado polo Premio Nacional de Ilustración 2016 Javier Sáez Castán, inspirado na obra Sin noticias de Gurb de Eduardo Mendoza, Premio Cervantes 2016.