AVISOS
01/02/2018
Catálogo Ler Conta Moito 2018
Logo Ler Conta Moito
Apertura do prazo para a presentación de actividades de dinamización

Hoxe día 1 de febreiro publícase o anuncio de apertura do Catálogo Ler Conta Moito 2018 para a presentación de actividades de dinamización da lectura.

Deixamos á vosa disposición toda a información (anuncio e anexos) no apartado axudas e subvencións.

Prestade especial atención ás bases da convocatoria de este ano xa que hai cambios sustanciais con respecto a convocatorias pasadas.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá día 2 de febreiro ata o vindeiro día 11 de febreiro.

Lembrámosvos que para inscribirse na plataforma será necesario empregar os navegadores Mozilla Firefox ou Google Chrome.