AVISOS
29/11/2017
Centenarios e aniversarios da literatura hispana
Datas conmemorativas do ano 2018

Un ano máis a Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas pon a disposición de todos nós unha recompilación de autores españois e iberoamericanos dos que o vindeiro ano 2018 se conmemora o centenario ou aniversario significativo do seu nacemento ou morte, non só no ámbito da literatura castelá e iberoamericana senón tamén de outros ámbitos lingüísticos (galego, catalán, vasco...). De todos eles ofrécense datos biobibliográficos moi interesantes e útiles para a preparación de mostras bibliográficas, exposicións, guías de lectura e para a organización de actividades ao longo de todo o próximo ano 2018.

E como non só os autores cumpren anos, no recurso tamén se ofrece unha selección de obras literarias publicadas hai 50 anos, publicadas hai 100 anos, ou aquelas que recibiron premios públicos ou privados no ano 1968.

Podedes acceder á sección Centenarios e aniversarios na seguinte ligazón: http://bit.ly/28N30bH

Agardamos que vos sexa útil e que o aproveitedes ao máximo.