AVISOS
08/11/2017
Deixa que che conten e cóntanos cal é a túa
Día das Librarías
O Observatorio da lectura e do libro celebra a sétima edición do Día das Librarías

O Observatorio da Lectura e do Libro en colaboración coa Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreriros (CEGAL) organizan a campaña "Deixa que che conten" con motivo do Día das Librarías.

Esta campaña está activa desde o pasado día 6 ata o próximo día 12 de novembro, co obxectivo de contribuir á celebración do Día das Librarías o próximo día 10 de novembro.

No marco desta campaña difúndese o vídeo "Deixa que che conten" co que se trata de poñer en valor o papel das librarías e dos libreiros na promoción da lectura e mostrar a variedade de opcións culturais que nos ofrecen estes establecementos. O vídeo difundirase a través das redes sociais do Observatorio da Lectura e do Libro e pode visionarse ou descargarse desde o canal Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en YouTube desde o día 6 de novembro.

Paralelamente, o Observatorio invita aos usuarios das redes sociais a participar na iniciativa #Estaeamiña, enviando fotografías das librarías que máis lles gusten a través das contas de Twitter e Instagram do Observatorio da Lectura e do Libro @observalibro. Poderase participar na campaña entre os días 6 e 12 de novembro e o Observatorio escollerá entre todas as fotografías enviadas as 10 que máis lle gusten sorteando entre estas, dúas gañadoras que se anunciarán o día 20 de novembro a través das redes sociais. Os gañadores levaranse un lote de libros cada un. Ademais, as librerías mencionadas nas mensaxes gañadoras recibirán un lote de promoción do Plan de Fomento da Lectura do Ministerio.

Tedes toda a información necesaria xunto coas bases do concurso na seguinte ligazón.