AVISOS
02/06/2017
Distinción anual Selo CCB
Logo Consello de Cooperación Bibliotecaria
Convocatoria 2017 Primeira Edición

O Consello de Cooperación Bibliotecaria (CCB), órgano colexiado de composición interadministrativa que canaliza a cooperación bibliotecaria entre as administracións públicas, pon en marcha a iniciativa Selo CCB, coa que se pretende facer un recoñecemento anual resaltando os proxectos de bibliotecas máis destacados durante o ano, que teñan relación cos obxectivos xerais do II Plan Estratéxico do Consello.

Outorgarase unha distinción por cada tipoloxía de biblioteca, escolares, públicas, especializadas, universitarias e nacionais/rexionais, que consistirá nunha distinción honorífica composta por un diploma asinado polo Consello máis o selo dixital CCB que poderá ser insertado nun lugar visible da biblioteca, blog, páxina web, firma de correo electrónico ou outros recursos dixitais.

Aqueles que o desexen, deberán remitir a súa candidatura mediante o formulario habilitado, antes das 24 horas do 1 de setembro de 2017.

Podedes acceder ás bases da convocatoria e á ligazón do formulario na páxina web do Consello de Cooperación Bibliotecaria.

Animádevos a participar!