AVISOS
24/07/2017
Iberbibliotecas: 2ª Convocatoria de Pasantías Internacionais
Logo de Iberbibliotecas
Ampliación do prazo de inscrición ata o 28 de xullo

O programa Iberbibliotecas amplía ata o 28 de xullo o prazo de inscrición para a 2ª convocatoria de pasantías internacionais para profesionais “Accesibilidade, Diversidade e Inclusión en Bibliotecas Públicas”.

A pasantía, centrada no ámbito da inclusión social e a accesibilidade nas bibliotecas públicas, ofrece tres prazas para cada membro do programa iberbibliotecas para realizar unha estancia en São Paulo, Brasil,  do 6 ao 10 de novembro de 2017.

Podedes acceder a toda a información da convocatoria nesta ligazón.