AVISOS
25/01/2018
Iberbibliotecas: nova convocatoria de axudas
Logo de Iberbibliotecas
6ª Convocatoria de axudas 2018

O Programa Iberoamericano de Bibliotecas públicas Iberbibliotecas, pon en marcha a súa convocatoria anual de axudas co obxectivo de consolidar as bibliotecas públicas como espazos de libre acceso á información e á lectura, traballar pola inclusión social e contribuir a cualificar a educación e o desenvolvemento.

Para participar na convocatoria deberanse presentar proxectos encadrados nas seguintes categorías:

  • Proxectos bibliotecarios innovadores levados a cabo por dous ou máis países membros, dos que a lo menos un deberá ser membro activo do programa Iberbibliotecas.
  • Proxectos para fotalecer redes e sistemas de bibliotecas nacionais, rexionais ou de cidades, orientados a cumprir un ou máis dos seguintes obxectivos:
    • Deseño de plans estratéxicos.
    • Estudos de valor das bibliotecas.
    • Estudos de evaluación de servizos.
    • Deseño de plans de fomento lector.
    • Desenvolvemento de estratexias de comunicación dixital
    • Definición de estándares de servizo.
    • Plan de xestión de coleccións.

O prazo de presentación das propostas rematará o día 13 de abril.

O programa Iberbibliotecas é un programa de cooperación iberoamericana que ten como obxectivos promover o acceso libre e gratuito á lectura e á información de todos os cidadáns sen discriminación algunha, a través da conformación dunha rede iberoamericana de cooperación en material de bibliotecas públicas.