AVISOS
07/04/2017
Iberbibliotecas: nova convocatoria de cursos
Logo de Iberbibliotecas
Primeira edición: maio-xuño 2017

O Programa Iberoamericano de Bibliotecas Públicas, Iberbibliotecas, pon en marcha unha nova convocatoria de cursos co obxectivo de contribuir á formación do persoal das bibliotecas públicas dos países membros do programa.

Durante o ano 2017 Iberbibliotecas publicará tres convocatorias dos seguintes cursos:

  • Biblioteca e imaxe: redes sociais visuais.
  • Coaching para animadores de lectura.
  • Diplomado en liderado social.
  • Xestión e integración do libro electrónico na biblioteca.
  • TRANSformar usuarios no século XXI. A nova formación de usuarios nas bibliotecas públicas.

O prazo de inscrición de esta primeira convocatoria rematará o día 26 de abril e os cursos comezarán o día 15 de maio.

Podedes consultar toda a información relativa á convocatoria, datas de celebración dos cursos, requisitos de participación, programas completos dos cursos, etc., na páxina web da convocatoria dos cursos.