AVISOS
06/07/2017
Iberbibliotecas: nova convocatoria de cursos
Logo de Iberbibliotecas
Segunda edición: setembro-outubro 2017

O Programa Iberoamericano de Bibliotecas Públicas, Iberbibliotecas, pon en marcha a segunda edición da convocatoria de cursos do ano 2017 continuando coa contribución á formación do persoal das bibliotecas públicas dos países membros do programa.

O prazo de inscrición desta segunda edición remata o día 18 de agosto e os cursos de formación, todos eles en liña, comezarán o día 11 de setembro. Recordamos a continuación os cursos que se ofertan este ano 2017:

  • Biblioteca e imaxe: redes sociais virtuais.
  • Coaching para animadores de lectura.
  • Diplomado en liderado social.
  • Xestión e integración do libro electrónico na biblioteca.
  • TRANSformar usuarios no século XXI. A nova formación de ususarios nas bibliotecas públicas.

Podedes consultar toda a información referente a esta segunda edición da convocatoria de cursos, datas de inscrición, datas de celebración dos cursos e programas dos mesmos, na páxina web da convocatoria.