AVISOS
09/10/2017
Iberbibliotecas: nova convocatoria de cursos
Logo de Iberbibliotecas
Terceira edición: novembro-decembro 2017

O Programa Iberoamericano de Bibliotecas Públicas, Iberbibliotecas, pon en marcha a terceira edición da convocatoria de cursos do ano 2017 continuando coa contribución á formación do persoal das bibliotecas públicas dos países membros do programa.

O prazo de inscrición desta terceira edición remata o día 17 de outubro e os curso de formación, todos eles en liña, comezarán o día 6 de novembro. Lembramos a continuación os cursos que se ofertan este ano 2017:

  • Biblioteca e imaxe: redes sociais virtuais.
  • Coaching para animadores de lectura.
  • Diplomado en liderado social.
  • Xestión e integración do libro electrónico na biblioteca.
  • TRANSformar usuarios no século XXI. A nova formación de usuarios nas bibliotecas públicas.

Podedes consultar toda a información referente a esta terceira edición da convocatoria de cursos, datas de inscrición, datas de celebración dos cursos e programa destes, na páxina web da convocatoria.