AVISOS
26/12/2017
Ideas e boas prácticas
Ideas e Boas prácticas
Novo proxecto engadido a "Boas prácticas"

A sección Ideas e Boas prácticas da nosa páxina web suma un novo proxecto aos seus contidos.

Trátase da iniciativa "Achegando culturas" coa que a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo e o dispositivo da Fundación Secretariado Gitano nesta cidade, traballan para fomentar a lectura, a integración e a diversidade social entre o colectivo xitano da nosa comunidade desde o ano 2012. Un proxecto recoñecido do que podedes atopar máis datos neste apartado creado na nosa web.

Aproveitamos a ocasión para lembrarvos que podedes facernos chegar os vosos proxectos e iniciativas ao noso enderezo de correo electrónico que atoparedes na páxina de Contacto. Non esquezades describir o máis detalladamente a vosa achega e engadir nela os recoñecementos acadados e a repercusión nos medios de comunicación.