AVISOS
10/04/2017
Novidades editoriais en galego. Relación de concellos beneficiarios
Pila libros colores
Resolución do 29 de marzo

Hoxe publícase no DOG a Resolución do 29 de marzo pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 4, do 5 de xaneiro de 2017), pola que se establecen as bases reguladoras da subvención destinada a concellos de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

Na seguinte ligazón podedes consultar a relación de concellos beneficiarios e as cantidades concedidas.