AVISOS
22/01/2018
Novidades en GaliciaLe
Logo GaliciaLe
Novas incorporacións aos catálogos do libro electrónico en galego e castelán

Desde o mes de decembro GaliciaLe conta novos recursos:

Catálogo do Libro Electrónico Galego : incorporación de novos títulos e máis novidades.

Catálogo do Libro Electrónico en Castelán : incorporación de novidades editoriais, clásicos da literatura española editados pola Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes e unha escolma de obras noutras linguas. Así mesmo, engadíronse 31 revistas das que podes consultar o número en curso e os anteriores (os publicados desde novembro de 2017). Cada número préstase por un período de 3 días non renovables. Máis información sobre as normas de préstamo en: Normas de préstamo, devolución e reservas

Esperamos que estas novas sexan do voso interese.