AVISOS
08/11/2017
Panorámica das 53 Bibliotecas Públicas do Estado
Datos estatísticos correspondentes a 2016

Desde o día 6 de novembro están dispoñibles desde o portal da Secreataría de Estado de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a través do micrositio "Panorámica das 53 Bibliotecas Públicas do Estado" os datos estatísticos de 2016.

Esta estatística ten o propósito de proporcionar información sobre as actividades das 53 Bibliotecas Públicas do Estado, xa que son centros de especial importancia para o desenvolvemento cultura do Estado e o acceso á información dos cidadáns. A estatística ofrece os datos recollidos polas 53 Bibliotecas Públicas do Estado sobre a base dun cuestionario común a todas elas, basado na norma "Information and documentation -- International library statistics" (ISO 2789:2013) (Norma española UNE - ISO 2789:marzo2014).

5 das 53 bibliotecas que se inclúen nesta panorámica atópanse situadas en Galicia, nas capitais das catro provincias galegas máis na captial da comunidade autónoma.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ofrece un resumo cos datos máis destacados, así como un Mapa das 53 Bibliotecas Públicas do Estado con toda a información de cada delas.