AVISOS
12/05/2017
Plan de Fomento da Lectura 2017-2020
Logo do Plan de fomento da lectura 2017-2020
Ler dáche vidas extra

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, presentou a principios do presente mes de maio o novo Plan de Fomento da Lectura 2017-2020 co lema "Ler dáche vidas extra", que forma parte do Plan Cultura 2020.

O Plan de Fomento da Lectura busca estimular o gusto polos libros nos diversos sectores da sociedade, en especial naqueles segmentos con índices de lectura máis baixos. Ademais, plantéxase como obxectivo mellorar as competencias lectoras como aspecto fundamental da sociedade da información.

Cabe destacar, no que respecta ás bibliotecas, a terceira liña estratéxica, que ten por obxetivo reforzar o papel das bibliotecas públicas no acceso á lectura.

O Plan conta cun recurso web propio no que atoparedes ademáis de toda a información relativa ao plan, a súa posta en marcha, e novas relacionadas, unha recopilación de fontes de información para bibliotecas, para lectores, para docentes, para familias, para librerías e para persoas con discapacidade.

Esta iniciativa nace con vocación participativa polo que se o desexan todos os axentes implicados poderán enviar as súas suxerencias a través do apartado "Participa"

Podedes atopar toda a información na seguinte ligazón.