AVISOS
20/04/2017
#Porqueleer
Cartel Campaña #PorqueLeer
Campaña de celebración do Día do libro 2017

O Observatorio da Lectura e o Libro da Subdirección Xeral do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, puxo en marcha o pasado día 13 de abril a campaña para a celebración do Día do Libro 2017 co hashtag #Porqueleer.

Desde o día 13 ata o día 19 de abril o Observatorio difundiu a través da súa conta de Twitter @observalibro, 7 frases acompañadas todas elas por unha fotografía de Óscar Liaño Álvarez, que intentan visibilizar as variadas razóns polas que leer é unha actividade imprescindible nas nosas vidas.

Hoxe día 20 de abril recordaranse todas as frases difundidas desde o pasado día 13 para que todos aqueles que queiran, poidan votar ata as 24 horas do día 23 de abril pola súa favorita. Para iso, todos aqueles interesados deberán enviar os seus tuits á conta do Observatorio @observalibro, indicando a súa frase favorita co hashtag #PorqueLeer.

Finalizado o prazo para a votación, contabilizaranse todos os tuits remitidos para saber cal foi a frase máis votada. Así, de entre todos os usuarios que elixiran a frase máis votada, sorterarase un estupendo lote de libros entre os que se atopará unha obra de Eduardo Mendoza (Premio Cervantes 2016) dedicada polo propio autor e un exemplar do cartel do Dia do Libro 2017.

Podedes consultar as bases do sorteo e toda a información da campaña aquí.

Desde aquí animamos a todo o mundo a participar nesta campaña!