AVISOS
17/01/2018
Subvención a concellos de Galicia para equipamentos culturais
Orde do 5 de decembro de 2017

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 5 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia e ás agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Diario Oficial de Galicia.

Máis información nas bases da convocatoria.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS