AVISOS
20/12/2017
Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego e mellora das coleccións bibliográficas
Subvención dotación de fondos
Nova convocatoria

Hoxe día 20 de decembro de 2017 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 22 de novembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se convoca para o ano 2018.

Trátase dunha única convocatoria que inclúe dous programas de subvencións:

  • Programa A: Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico.

Nesta nova convocatoria mantense o procedemento da subvención anterior, que permite que as bibliotecas públicas teñan ao dispor do seus usuarios e usuarias as novidades editoriais en galego no momento da súa entrada no mercado mediante un proceso de compra centralizada de cada libro a cargo da Secretaría Xeral de Cultura en función da demanda de cada concello con biblioteca pública que cumpra os requisitos establecidos.

  • Programa B: Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.

Ao igual que a convocatoria anterior a súa finalidade é posibilitar a mellora dos fondos bibliográficos que configuran as coleccións das bibliotecas públicas municipais de Galicia, mediante a adquisición de novidades bibliográficas, coa fin de colaborar na súa actualización e mantemento e, deste xeito, dar cumprida resposta ás demandas dos usuarios.

O prazo de presentación de solicitudes será desde mañá día 21.12.2017 ao 22.01.2018 ámbolos dous incluídos.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS