AVISOS
07/06/2017
Xornada LEOBEN: BIblioteca e competencia lectora
Biblioteca Ágora da Coruña

Na Biblioteca Ágora celebrarán o vindeiro día 9 unha xornada adicada á competencia lectora na biblioteca, na que se abordarán os problemas asociados á aprendizaxe e a comprensión lectora nos grupos da poboación con dificultades sensoriais, psíquicas, lingüísticas e de educación.

Para esta xornada contarán coa colaboración de profesores da Universidade da Coruña, así como con asociacións que responden ás necesidades de diferentes colectivos, Asociación Galega de Dislexia (AGADIX), Asociación de Pais e Nais de persoas con trastorno do Espectro Autista (ASPANAES), Asociación pro persoas con discapacidade intelectual de Galicia (ASPRONAGA), Asociación de Nenos con Hiperactividad e/ou Déficit de Atención (ANHIDA), Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).

O obxectivo da xornada é ver como favorecer unha verdadeira igualdade de oportunidades no acceso ao libro cando as persoas que teñen dificultades, non len porque non atopan ou descoñecen a existencia de materiais adaptados ás súas capacidades e intereses, ou non consideran as bibliotecas lugares axeitados porque só ofrecen recursos aos que len ben.

O programa completo da xornada podedes consultalo na seguinte ligazón: Xornada LEOBEN: Biblioteca e competencia lectora

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS