AXENDA
Conto espress
26 de Outubro, 18:00
Biblioteca Pública Municipal de Carral
Carral / A Coruña
Ranpunzel e Grettel Chanetti buscan axuda dos máis pequenos para cociñar alimentos para Camilo Comilón
Conto espress

Ranpunzel e Grettel Chanetti chegan en bicicleta con contos express e precisarán da colaboración do público para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas. E de sobremesa, suxestivos petiscos doces, tirados do libro Contos silenciosos.

Esta actividade de Ler conta moito está dirixida a nenas e nenos de 4 a 12 anos e ten unha duración aproximada de 45 minutos.