AXENDA
Obradoiro de ilustración: Contos con Miró
25 de Outubro, 17:30
Biblioteca Pública Municipal Juan Fernández Latorre
Ortigueira / A Coruña
Un obradoiro que axuda a nenos e nenas a descubrir a arte.
Contos con Miró

O obradoiro permite coñecer o surrealismo de Miró e ser pintores e ilustradores de contos. Un traballo de imaxinación e creación plástica que ten como resultado unha gran ilustración que presenta os personaxes da historia coa que traballan todo o equipo de nenos e nenas ilustradores.

Unha actividade de Ler conta moito ideal para promover o interese pola lectura, a arte, o papel dos ilustradores e o traballo en equipo.