BOAS PRÁCTICAS
"Achegando culturas" Biblioteca Pública Municipal "Xosé Neira Vilas" de Vigo
Achegando culturas é o proxecto social que a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo e o dispositivo da Fundación Secretariado Gitano nesta cidade levan realizando dende o 2012. Un proxecto no que estas entidades traballan para fomentar a lectura, a integración e a diversidade social entre o colectivo xitano da nosa comunidade.

Este proxecto confórmase de diversas actividades que nacen coa idea de cumprir os obxectivos básicos de ambas institucións. E colaborar para que a biblioteca pública sexa un espazo de igualdade de acceso para todas as persoas.

Destinatarios:

Este proxecto está destinado aos usuarios do Secretariado Gitano, formado por diferentes persoas en risco de exclusión social, a maioría de etina xitana e de diferentes nacionalidades. Nestes anos realizáronse actividades axeitadas aos distintos grupos da entidade que vistan a biblioteca:

  • O programa "Lacho Drom", que ten como obxectivo non só a alfabetización de adultos senón tamén a pontenciación de habilidades sociais en grupos de exclusión. Este programa consta de dous niveis, "alfabetización" e "neolectores", nos que se integran xitanos españois, portugueses e romaneses.
  • Programas Promociona e Acais nos que se traballa con nenos a partir de 10 anos desde a área de educación e desde o ámbito de prevención.

Equipo de organización - realización: organiza o equipo da biblioteca.

Marco de actuación:

  • Dar a coñecer a biblioteca ao barrio en concreto á Fundación Secretariado Gitano.
  • Dar a coñecer outras realidades e outras culturas.
  • Apoiar e defender unha sociedade plural, fomentando a convivencia.

Obxectivos:

  • Dispoñer do espazo bibliotecario como lugar de integración social onde se crean vínculos coa sociedade.
  • Desenvolver accións de formación de usuarios para que coñezan os servizos da biblioteca.
  • Ofrecer a biblioteca como un camiño de formación continua.
  • Desenvolver a función multicultural como elemento de integración das diferentes comunidades.
  • Potenciar unha convivencia sen discriminacións.
  • Potenciar unha igualdade social e de oportunidades.

Actividades realizadas:

  • Visitas guiadas: actividades de fomento á lectura, onde se mostran outros materiais e outros mundos aparentemente afastados da súa realidade. Durante estas visitas sempre se fai algunha lectura en voz alta que a biblioteca busca e adapta ás necesidades do grupo, e que posteriormente se utilizan na aula como material didáctico
    • Achégate á biblioteca
    • Achégate ao conto
    • Achégate aos descubridores
    • Achégate á pintura
    • Achégate ao cine
    • Ciencia na Biblioteca
    • Achégate á fotografía
    • Coñecemos a Chaplin
    • Coñecemos a Lorca
    • Coñecemos a India
    • Amor
    • Cervantes
    • Contos clásicos.
  • Estoxo xitano: estas actividades complementáronse no ano 2012 cun proxecto común: o "ESTOXO XITANO". A biblioteca realizóu durante o curso 2011/12 diferentes maletas viaxeiras con usuarios da propia biblioteca que nos mostraban o seu país de orixe. No 2012 este proxecto evolucionou e realizáronse diferentes "estoxos" con algunhas entidades e ONGs da cidade, o primeiro deles foi "Estoxo Xitano". Nesta maleta viaxeira podemos encontrar libros, cds, xogos, obxectos cotiáns, actividades manuais, receitas, fichas informativas... todo representativo da cultura xitana que dun modo lúdico involucre a toda a familia.

Finalista para o I Premio Biblioteca Pública e Compromiso Social 2015 convocado pola Fundación Biblioteca Social: acceso ao dictamen do xurado do premio

Presentación no I Seminario Norte Portugal - Galicia sobre Bibliotecas: acceso ao programa do seminario.