O Servizo do Sistema de Bibliotecas é a unidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dependente da Subdirección Xeral de Bibliotecas que ten como misión dar apoio ás bibliotecas públicas de Galicia, sistematizar a información relativa ás mesmas e xestionar todos aqueles programas que contribúen a fomentar a lectura e mellorar os servizos e as coleccións que ofrecen as bibliotecas públicas galegas á cidadanía.

No seu día a día, este Servizo xestiona a plataforma do libro electrónico GaliciaLe, o programa de actividades Ler Conta Moito e o de mellora das coleccións, o préstamo de libros aos clubs de lectura, as accións formativas dirixidas aos profesionais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, as bolsas de formación, os instrumentos de análise e avaliación destas bibliotecas (estatísticas, censo de bibliotecas e Mapa de bibliotecas públicas de Galicia), o rexistro e integración dos centros na Rede.

LOCALIZA A BIBLIOTECA

16/02/2018

Bolsas de formación en biblioteconomía

Convocatoria 2018

Logo Ler Conta Moito

01/02/2018

Catálogo Ler Conta Moito 2018

Apertura do prazo para a presentación de actividades de dinamización

Logo María Moliner

01/02/2018

A Biblioteca de Verín recibe o premio María Moliner 2017

Mellor proxecto de animación lectora a municipios entre 5000 e 20000 habitantes

Logo de Iberbibliotecas

25/01/2018

Iberbibliotecas: nova convocatoria de axudas

6ª Convocatoria de axudas 2018

Día internacional do libro

23 de abril Día internacional do libro

Consulta aquí a programación especial das bibliotecas públicas para celebrar este día. Animádevos a participar.

Calendario do libro e da lectura 2016

Calendario coas datas máis salientables en torno ao libro e a lectura para o ano 2016

Galiciana

Acceso a Galiciana, biblioteca dixital de Galicia

Libros infantís e xuvenís de Galicia 2016

Catálogo que amosa a riqueza creadora dos escritores e ilustradores de Galicia, que traballan especificamente no subxénero da literatura infantil e xuvenil

Memoria de actividades de cultura

Resumo informativo das actuacións promovidas durante o 2015 no ámbito transversal da cultura.