Recursos en liña

Resultados 1 a 4 de 4

Banco de Contidos de Planeta

É o maior banco de contidos dixitais en lingua española. Dirixido tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil, conta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (fotos, vídeos, interactivos, audios…) que fai deste recurso un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. Este recurso forma parte da Biblioteca Dixital da Rede.

Acceso a aulaplaneta

Todos os públicos, 0-3 anos, Infantil, Xuvenil, Adultos
Bibliotecas dixitais, Enciclopedias, dicionarios, Libros electrónicos, Publicacións periódicas
Xeral
España, Galicia

E-junior

É unha enciclopedia electrónica dirixida aos rapaces de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas. Este recurso forma parte da Biblioteca Dixital da Rede.

Acceso a E-Junior

Infantil, Xuvenil
Enciclopedias, dicionarios
Xeral
España, Galicia

Hemeroteca Dixital Iconoce de Saranet

É un servizo de novas (tanto actuais como retrospectivas) aparecidas en medios dixitais de todo o mundo: prensa, publicacións especializadas en economía, deporte, tecnoloxía... , blogs e confidenciais. Este recurso forma parte da Biblioteca Dixital da Rede.

Acceso a Iconoce

Todos os públicos, Infantil, Adultos
Base de datos, Publicacións periódicas
Xeral
España, Galicia

Gale Virtual Reference Library

Permite a consulta de obras de referencia de todas as áreas do coñecemento (historia, ciencia, tecnoloxía, medio ambiente, arte...) en formato electrónico. A diferenza dos libros que contén GaliciaLe, os títulos da Gale Virtual Reference Library non están dispoñibles para o seu préstamo senón para consulta. Este recurso forma parte da Biblioteca Dixital da Rede.

Acceso a Gale Virtual Reference Library

Todos os públicos, Xuvenil, Adultos
Libros electrónicos
Xeral
España, Galicia