Club de lectura de Galicia

Este servizo creouse co fin de servir de apoio e coordinación aos clubs de lectura existentes nas bibliotecas públicas galegas e de crear unha colección básica de fondos con continuas incorporacións para o préstamo centralizado.

Deste xeito dende a Subdirección Xeral de Bibliotecas proporciónanse fondos e asesoramento aos profesionais das bibliotecas para o desenvolvemento dos múltiples e variados clubs ao longo da nosa Comunidade (79 bibliotecas que supoñen máis de 150 clubs). Este apoio implica a creación e extensión dunha verdadeira rede comunitaria de fondos accesibles para todos os clubs de lectura.

A elección dos títulos a adquirir será competencia deste servizo tendo en conta as demandas dos clubs ou a iniciativa propia. Hoxe, esta colección está formada por:

  • 776 títulos e 14.490 exemplares
  • Cunha tipoloxía de fondos que abarca a narrativa, teatro, poesía e banda deseñada.
  • E en diferentes linguas: galego, castelán, francés, inglés, italiano e portugués.

Os clubs de lectura son o sistema máis sinxelo e efectivo de fomento da lectura polo que este servizo abre unha canle de participación para todos eles.

 

COMO FUNCIONA?

Todas aquelas bibliotecas públicas que queiran formar parte deste servizo poden consultar as normas de funcionamento.

 

BIBLIOGRAFÍA

Pequena selección de títulos dispoñibles na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e enlaces de axuda á creación dun club de lectura. Acceder

 

CATÁLOGO

Aquí pódense consultar todos os fondos do Club.