Ler conta moito

Programa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede a través do seu catálogo 186 actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraínte. O programa consta de dúas convocatorias: a da realización do catálogo de actividades para os profesionaies da animación e a convocatoria de participación para as bibliotecas coa solicitude de actividades.

Durante o ano 2016 as 198 bibliotecas participantes programaron a través de ler conta moito un total de 671 actividades de animación favorecendo así o papel das bibliotecas como espazos de relación abertas e participativas e consolidando a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas.

PRESENTACIÓN

CATÁLOGO

AXENDA DE ACTIVIDADES

CONVOCATORIAS

BLOG

Contacto

Para máis información escribe ao noso enderezo: lercontamoito@xunta.es