A rede

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é un conxunto organizado de bibliotecas e servizos bibliotecarios públicos de Galicia para o desenvolvemento e a planificación da oferta bibliotecaria pública, segundo o establecido na lei 5/2012 do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia.

A dirección e coordinación de Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é responsabilidade da Xunta de Galicia, a través do Servizo do Sistema de Bibliotecas de Galicia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Forman parte da Rede:

  • As bibliotecas de titularidade estatal situadas dentro do territorio de Galicia
    • Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
    • Biblioteca Pública de Lugo
    • Biblioteca Pública de Ourense
    • Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
    • Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal
  • As 335 bibliotecas de titularidade pública local dependentes de concellos ou entidades públicas locais.
  • As 13 bibliotecas públicas e de titularidade privada

O servizo do Sistema de Bibliotecas presta apoio ademais a aquelas bibliotecas que non están integradas na Rede pero si están dadas de alta no Rexistro de Bibliotecas de Galicia.