AVISOS
08/08/2018
1ª Bolsa Internacional Iberbibliotecas 2018
Logo de Iberbibliotecas
Fin do prazo de inscrición: 2 de setembro de 2018

O programa Iberbibliotecas convoca a súa 1ª Bolsa Internacional Iberbibliotecas 2018, un programa de bolsas de mobilidade internacional que ten por obxectivo promover a participación de bibliotecarios e bibliotecarias de bibliotecas públicas, populares ou comunitarias dos países membros do programa Iberbibliotecas, en congresos, seminarios, obradoiros ou outras accións programadas nos diferentes países membros do programa.

Esta primeira convocatoria destínase a apoiar a asistencia e participación de bibliotecarios de cada un dos países membros do programa ao IX Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas, que terá lugar en Logroño os días 28, 29 e 30 de novembro de este ano.

Haberá 10 beneficiarios que gozarán da bolsa, un por cada estado membro de Iberbibliotecas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 2 de setembro.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse empregando o formulario normalizado que está dispoñible na páxina web creada por Iberbibliotecas para esta convocatoria e enviar o formulario á dirección de correo que se indica.

Non deixedes de aproveitar a oportunidade de acadar a bolsa e poder acudir así ao Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas.

Animádevos a participar.