AVISOS
23/04/2020
23 de abril, Día do Libro
Vídeo conmemorativo de 31 bibliotecas municipais

As persoas responsables de 31 bibliotecas públicas municipais, pertencentes á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, son as protagonistas deste vídeo co que conmemoran o Día Internacional do Libro, nun momento no que están a traballar dun xeito diferente. Aínda que non estean abertas ao público, os bibliotecarios e as bibliotecarias municipais seguen a traballar colaborativamente para fomentar a lectura entre a cidadanía de todas as idades. Por iso intercambian libros dende as súas casas neste vídeo a ritmo da música de grupos da terra como Migallas e Gaudí Galego.

Dende que se decretou o estado de alarma pola pandemia do COVID-19, as bibliotecas municipais puxeron en marcha a iniciativa #HoraDoConto, coa que cada día, ás 17.00 horas de luns a venres e dende as redes sociais de cada concello, recomendan a lectura dun conto. Diariamente, unha das bibliotecas é a responsable de realizar dita recomendación, en diferentes formatos, xéneros e idiomas. A proposta ten como propósito fomentar a lectura e o contacto cos libros.

As bibliotecas públicas municipais que conforman esta iniciativa son as dos concellos de: Antas de Ulla, Arteixo, A Pobra do Caramiñal, As Pontes, Baiona, Boiro, Caldas de Reis, Chantada, Chapela- Redondela, Coirós, Corcubión, Miño, Mondariz Balneario, Narón, Noia, O Pino, O Saviñao, Ordes, Oroso, Portonovo, Redondela, Rianxo, Ribadavia, Rois, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Santa Comba, Sober, Teo, Xermade e Xinzo de Limia.

VÍDEOS RELACIONADOS

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS