AVISOS
17/10/2023
24 de outubro, Día das Bibliotecas
Accións conmemorativas

A Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte impulsa a celebración do Día das Bibliotecas o 24 de outubro de 2023. Este ano, e baixo o lema “Tecendo comunidades”, preténdese destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de ligazóns dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns.

 

 

 

 

Entre as iniciativas desta edición figuran:

- Hashtags nas redes sociais:

     Galego: #DíaDasBibliotecas #TecendoComunidades

     Castelán: #DíaDeLasBibliotecas, #DíaDeLasBibliotecas2023 e #TejiendoComunidades

 

- Deseño dun cartel conmemorativo, a cargo de Nuria Riaza, en diferentes tamaños e formatos:

     50x70 para imprimir (en galego)

     Web

     Facebook

     X

     Instagram

     Story

- Elaboración dun vídeo conmemorativo, en liña co lema deste ano ('Tecendo comunidades'), que se publicará ao longo do mes de outubro.

- Consurso de microrrelatos baixo o lema "Bibliotecas y comunidades".

- Emisión en directo do acto de celebración do Día de las Bibliotecas 2023.

 

Máis información na ligazón que atoparás na parte inferior deste anuncio.