AVISOS
19/09/2022
6 de outubro, Día do Cinema Español
Celebración nas bibliotecas

O Instituto de Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) convida as bibliotecas a celebrar o II Día do Cinema Español, o próximo 6 de outubro, con proxeccións, coloquios, encontros, actividades formativas, publicacións, exposicións e accións de comunicación. A través deste formulario, as bibliotecas poden remitir as súas actividades en relación con esta efeméride. Estas, xunto coas das demais institucións culturais, anunciaranse aos medios na presentación que terá lugar no Festival de San Sebastián.

Os hashtags que se utilizarán en redes sociais serán: #DiaDelCineEspañol, #DiaDelCinemaEspanyol, #ODíaDoCinemaEspañol, #EspainiakoZinemarenEguna, coa mensaxe é #ElMomentoDeNuestroCine, #ElMomentDelNostreCinema, #OMomentoDoNosoCinema, #GureZinemarenUnea

Doutra banda, a Filmoteca Española pon a libre disposición das bibliotecas tres películas para a súa proxección, así como guías didácticas para a realización de actividades:

- Iniciación ao cinema (programa composto por varios títulos do cinema das orixes para introducir aos máis pequenos nos principios da imaxe en movemento)

- Cancións para despois dunha guerra (Basilio Martín Patino, 1971), recentemente restaurada por Filmoteca Española

- Estiu 1993 - Verán 1993 (Carla Simón, 2017)

As bibliotecas interesadas en dispoñer destas proxeccións para as súas actividades relacionadas co Día do Cinema Español, poden solicitalas escribindo a: info@diadelcineespanol.com ata o próximo 20 de setembro.