AVISOS
18/11/2020
Accesibilidade cognitiva
Xornada de aproximación organizada por FADEMGA Plena Inclusión Galicia

O vindeiro 24 de novembro, de 17:00 a 19:00 horas, celebrarase unha nova xornada de aproximación a accesibilidade cognitiva organizada por FADEMGA Plena Inclusión Galicia. Jose María Tejeda Tena, coordinador da Oficina de Accesibilidade Cognitiva de Extremadura, pioneira en España, fará unha aproximación ao concepto de accesibilidade cognitiva e a súa importancia para que a persoa con discapacidade intelectual se poida relacionar coa contorna en igualdade de condicións.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de novembro.

 

 

Máis información en:

https://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/mais-novas/novas/1723-entra-no-mundo-da-accesibilidade-cognitiva

https://fademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/Cartel_Accesibilidade2020.pdf