AVISOS
19/10/2023
Accesibilidade na lectura
Conferencia de Susana Peix

O próximo 6 de novembro, ás 19.00 h., a bibliotecaria e escritora especializada en accesibilidade á lectura, Susana Peix, impartirá unha conferencia na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal titulada Características que facilitan a lectura e comprensión lectora a través da colección "Lemos" publicada pola editorial Cumio.

A conferencia irá precedida da narración dos seguintes contos, ás 18.00 h.:

- O mellor gato da vila
- Planeta Q, un lugar onde vivir

Susana Peix é bibliotecaria especializada en literatura infantil, escritora e especialista en accesibilidade. Diplomada en Biblioteconomía e Documentación pola Universitat de Barcelona, Posgrao en Accesibilidade e Deseño para todas as persoas pola UIC e Máster de Accesibilidade para Smart City pola Universidad de Jaén e a ONCE. Forma parte do equipo docente do Posgrao de Llibrería de l' Escola de Llibrería da Facultat de Biblioteconomía e Documentación da Universitat de Barcelona.

Membro do equipo de traballo de actualización da Norma UNE 170002 (Requisitos de accesibilidade para os elementos de sinalización na edificación) e do equipo de traballo do proxecto  Biblioteques Inclusives impulsado polo Servei de Biblioteques da Generalitat de Catalunya. Así mesmo, imparte o curso "Accesibilidade na biblioteca pública", dirixido ao persoal bibliotecario da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.