AVISOS
26/04/2021
Ano Iberoamericano das Bibliotecas
A biblioteca como xeradora de comunidade e como espazo democrático

A Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria (SGCB) do Ministerio de Cultura y Deporte, como punto focal de Iberbibliotecas en España, convida a todas as bibliotecas españolas, de calquera tipoloxía ou titularidade, a sumarse á celebración do Ano Iberoamericano das Bibliotecas (AIB).

Con este ano Iberoamericano das Bibliotecas (AIB) búscase a reflexión ao redor da variedade e diversidade de roles das bibliotecas, así como sobre o seu impacto social e económico. É dicir, quérese traballar na idea da biblioteca como xeradora de comunidade e como espazo democrático para o acceso libre ao coñecemento e á información con equidade.

Para enmarcar todas as accións e actividades que se desenvolvan dentro do AIB, establecéronse 6 eixos de traballo e creouse un selo para identificar os eventos e as actividades que as bibliotecas poñades en marcha.
Iberbibliotecas habilitou na súa web un espazo dedicado ao Ano Iberoamericano das Bibliotecas, no que poderedes atopar un formulario para que enchades os datos das actividades das vosas bibliotecas durante todo este ano. Tamén podedes agregar as actividades que xa se realizaron durante os meses pasados (xaneiro, febreiro e marzo). Este formulario está accesible desde a web de Iberbibliotecas:   https://www.iberbibliotecas.org/como-participar,  e tamén desde o espazo web creado pola SGCB con motivo do Ano Iberoamericano das Bibliotecas, denominado "Actividades de las bibliotecas españolas"

Para poder dar a maior información e difusión a través das redes sociais e da canle de noticias da web, todas as  actividades que incluades incorporaranse a un CALENDARIO DE EVENTOS organizado por países, habilitado por Iberbibliotecas. Ademais poderedes acceder tamén desde "Actividades de las bibliotecas españolas’"

Por outra banda, a SGCB presenta un plan de apertura nas redes sociais dunha serie de campañas mensuais, que se inician neste mes de abril coa idea central das bibliotecas como creadoras de futuros, e que durante estas semanas farase ao redor das actividades do Día do Libro. Nos meses seguintes, as diferentes actividades difundiranse enmarcadas en cada un dos 6 eixos do AIB (destacando un eixo por mes), nas que tamén podedes participar.

A SGCB convida a todas as bibliotecas a empregar os hashtag # BibliotecasQueCreanFuturos e # AñoIberoamericanodelasBibliotecas, co obxectivo de dar unha maior difusión ás actividades que preparedes.