AVISOS
10/12/2020
Axenda 2030
Formulario da enquisa de boas prácticas

Desde o Servizo do Sistema de bibliotecas solicitamos a vosa colaboración para a recollida de información relativa a boas prácticas relacionadas cos obxectivos da Axenda 2030.

Como moitos de vós xa saberedes, no ano 2017 creouse o Grupo de Traballo "Bibliotecas y Agenda 2030", no marco da actividade do Consello de Cooperación Bibliotecaria, co obxectivo, entre outros, de realizar unha selección das boas prácticas e exemplos de actividades en bibliotecas, que reforcen a proposta de estratexia das bibliotecas como promotoras da implementación da Axenda 2030.

Con este obxectivo, o Grupo de traballo desexa elaborar un catálogo-publicación das moitas e boas prácticas que se están levando a cabo nos distintos puntos das diferentes Comunidades Autónomas.

Así pois, co fin de sistematizar e organizar a recollida de datos, elaborouse un formulario que atoparedes na seguinte ligazón e que vos animamos a cumplimentar, por favor, antes do próximo 15 de decembro.

https://forms.gle/qzW7ht7YxHkKfZWY9 (para encher este formulario, é preciso contar cunha conta de Gmail)

Moitas grazas pola vosa colaboración.