AVISOS
03/12/2021
Axenda 2030
Publicación de "La implicación de las bibliotecas españolas en la Agenda 2030"

O Grupo de traballo de Bibliotecas e Axenda 2030 do Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB) do Ministerio de Cultura y Deporte acaba de publicar o documento "La implicación de las bibliotecas españolas en la Agenda 2030". Podedes acceder ao mesmo desde:

https://www.libreria.culturaydeporte.gob.es/libro/la-implicacion-de-las-bibliotecas-espanolas-en-la-agenda-2030_5396/

https://es.calameo.com/read/0000753353b5e928d4a6b (Con visor)

Dentro dos obxectivos do Grupo de traballo, vinculados ás accións de Sensibilización da Estratexia Nacional de Información e Bibliotecas, esta publicación forma parte do seu labor de recollida e análise de boas prácticas, coa finalidade de dar visibilidade á contribución das bibliotecas españolas de calquera tipoloxía no seu labor de transformación e desenvolvemento social no marco da Axenda 2030.

No seguinte enderezo podedes acceder a esta publicación, así como ao tríptico de divulgación (pestana "Documentación e resultados") e aos informes de actividade anuais (pestana "Informes"):

https://www.ccbiblio.es/estructura-del-consejo/grupos-de-trabajo/estrategicos-grupos-trabajo-ccb/bibliotecas-agenda-2030/