AVISOS
22/05/2018
"Biblioteca de acollida" Purchena 2018
Biblioteca Pública e Compromiso Social
Proxecto gañador da 4ª edición do premio "Biblioteca pública e compromiso social"

A semana pasada entregouse o Premio "Biblioteca pública e compromiso social" á biblioteca gañadora desta cuarta edición, a Biblioteca Pública Municipal "Gustavo Villapalos" de Purchena (Almería), que leva por título "Biblioteca de acollida". Este proxecto está orientado a un colectivo de mozos migrantes que chegan a España en situacións moi difíciles. Con esta iniciativa vincúlase a través da biblioteca a mozos de centros de menores coa poboación local convertíndoa en espazo de integración e acollida.

Deste proxecto destaca a colaboración coa asociación INTERPRODE, e a colaboración de voluntarios que chegan incluso de outros países a través do programa ERASMUS PLUS.

A continuación deixámosvos ligazóns aos vídeos de presentación do proxecto (versión longa e curta) e ao vídeo da entrega do premio que tivo lugar o pasado día 17 de maio: