AVISOS
03/06/2019
"Biblioteca fácil" Llíria (Valencia) 2019
Fundación Biblioteca Social
Proxecto gañador da 5ª edición do premio "Biblioteca pública e compromiso social"

O pasado día 24 de maio entregouse o Premio "Biblioteca pública e compromiso social" á biblioteca gañadora desta quinta edición, á Rede de Bibliotecas Públicas Municipais de Llíria, que leva por título "Biblioteca fácil". Este proxecto está orientado a un colectivo de persoas con discapacidades psíquicas, problemas mentais ou Alzheimer. O proxecto lévase a cabo coa participación do Centro Ocupacional "El Prat" e a asociación Pentagrama.

O programa "Biblioteca fácil" ten como finalidade desenvolver a capacidade e a autonomía das persoas que conforman estes colectivos e integralos na biblioteca como parte da súa vida.

A continuación deixámosvos ligazóns aos vídeo de presentación do proxecto: