AVISOS
02/11/2020
Bibliotecas públicas españolas en cifras
Publicación das estatísticas de 2018

A Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria publicou os datos estatísticos das bibliotecas públicas españolas correspondentes ao ano 2018. Poderedes consultalos a través do portal do Ministerio de Cultura y Deporte, no seguinte enderezo: http://estadisticasbp.mcu.es
 
Estas estatísticas elabóranse en cooperación coas CCAA e teñen por obxectivo poñer en marcha toda unha serie de accións encamiñadas a obter datos fiables en torno ao servizo bibliotecario e proporcionar ferramentas para a análise e avaliación deses datos. Trátase de dar conta da situación bibliotecaria española e do nivel de desenvolvemento alcanzado polas bibliotecas públicas españolas.
 
Máis Información dos principais indicadores en: http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/bibliotecas/mc/ebp/destacados/bibliotecas-publicas-2018.html