AVISOS
16/02/2018
Bolsas de formación en biblioteconomía
Convocatoria 2018

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 6 de febreiro pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios.

O número de bolsas convocadas é de 35 cun importe individualizado de 880 euros brutos mensuais.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convoctoria no Diario Oficial de Galicia, sendo o último día de prazo o 16 de marzo de 2018.

Podedes acceder a toda a información da convocatoria na sección Oferta formativa da rede da nosa páxina web.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS