AVISOS
10/02/2020
Bolsas de formación en biblioteconomía
Convocatoria 2020

Hoxe publícase no DOG a Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios (código de procedemento CT233A).

O número de prazas é de 33 e o prazo para a presentación de solicitudes empeza mañá 11/02/2020 e remata o 10/03/2020.

Podes acceder a esta información e ás próximas actualizacións da mesma na sección oferta formativa da nosa páxina.