AVISOS
22/05/2020
Bolsas de formación en biblioteconomía 2020
Publicación das listaxes provisonais de admitidos e excluídos

Aprobada a listaxe provisional de solicitantes admitidos ordenada pola puntuación acadada (Anexo I), así como a listaxe provisional de excluídos e as causas da exclusión (Anexo II)

Segundo establece o artigo 10.3 da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios (DOG num 27 de 10 de febreiro de 2020), ábrese un prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación do presente documento, para a presentación de alegacións. Estas poderán ser presentadas por calquera dos procedementos establecidos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, e complementariamente serán dirixidas por fax ao número 881 999 773, ou por correo electrónico ao servizo.bibliotecas@xunta.gal