AVISOS
27/04/2022
Bolsas de formación en biblioteconomía 2022
Publicación das listaxes provisonais de admitidos e excluídos

De conformidade co disposto no artigo 15 da Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación en biblioteconomía e se convocan para o período 2022-2023, procédese a facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, que se recollen nos anexos I e II respectivamente.

As persoas solicitantes disporán dun prazo de dez días para formular alegacións ante estas listaxes provisionais. As alegacións presentaranse de xeito electrónico, accedendo ao expediente na carpeta cidadá da persoa solicitante, mediante o formulario normalizado habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/carpeta-do-cidadan.