AVISOS
05/07/2018
Campaña de animación á lectura María Moliner
Campaña de animación á lectura María Moliner
Apertura do prazo para a presentación de proxectos

Un ano máis o Ministerio Cultura e Deporte, pon en marcha a Campaña de animación á lectura María Moliner, co Concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner en municipios de menos de 50000 habitantes correspondentes a este ano 2018, no marco do Plan de Fomento da Lectura 2017-2020.

O prazo para a presentación das iniciativas comezou o día 2 de xullo e permanecerá aberto ata o día 20 do mesmo mes de xullo.

O concurso ten por obxectivo premiar ás bibliotecas de municipios de menos 50000 habitantes que leven a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, a eficiencia e o labor bibliotecario, a integración social na súa comunidade, así como a utilización das novas tecnoloxías.

Como novidade este ano a campaña promociónase en YouTube a través dun vídeo que podedes ver accedendo a esta ligazón: vídeo promocional.

Podedes consultar toda a información, na páxina web habilitada para este fin polo Ministerio Cultura e Deporte, na seguinte ligazón: Premios María Moliner.

Na pasada convocatoria 30 bibliotecas galegas estiveron entre as máis 600 galardoadas.

Desde aquí animamos a todas bibliotecas galegas a participar neste concurso de proxectos e a continuar co importante labor de dinamización e animación á lectura que levan a cabo.

Todas a información, bases da convocatoria, prazo de presentación e instruccións para a elaboración dos proxectos aquí.

VÍDEOS RELACIONADOS

Campaña de animación á lectura María Moliner