AVISOS
21/03/2022
Candidatura do Sistema de Bibliotecas Públicas de Medellín ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2022
Carta de apoio e formulario de adhesión á candidatura

O Consejo de Cooperación Bibliotecaria (CCB) do Ministerio de Cultura y Deporte, na reunión plenaria celebrada o  pasado 9 de marzo en Ourense,  acordou a súa adhesión e a das institucións bibliotecarias e entidades que o conforman, á candidatura do Sistema de Bibliotecas Públicas de Medellín ao Premio Princesa de Asturias da Concordia 2022. O prazo para dar o voso apoio remata mañá, 22 de marzo.

O Sistema de Bibliotecas Públicas de Medellín (Colombia) é todo un referente bibliotecario en Latinoamérica con importantes lazos profesionais con bibliotecas en España, que vén fomentando todo tipo de accións para axudar a eliminar a violencia na cidade e facilitar o acceso a recursos sociais, de información e espazos de encontro especialmente nas comunas socialmente máis necesitadas de Medellín. A súa filosofía de crear parques-biblioteca nas zonas máis deprimidas e socialmente máis conflitivas da cidade como lugar de encontro neutral, foi todo un éxito que contribuíu de forma salientable á creación do clima de consenso e paz que hoxe día ten unha cidade, que pasou por ser unha das máis perigosas do mundo nos anos oitenta e noventa do século pasado.  Medellín é un claro exemplo de que as bibliotecas están a transformar a vida dos cidadáns e por tanto a das comunidades.

O feito de presentar unha candidatura conxunta permitirá que a mesma teña maior forza proporcionando, ademais, unha maior visibilidade das bibliotecas no seu conxunto á hora de ser seleccionada polo Xurado.

O grupo promotor desta iniciativa (Romà Seguín, Asun Mestre, Óscar Arroio e Alicia  Sellés) habilitou un formulario de adhesión ao que é preciso que anexedes esta carta modelo, que debe cumprimentarse e asinarse electronicamente.

A Secretaría Permanente do CCB apoia a súa difusión a través de canle de comunicación @CCBiblio.