AVISOS
25/11/2020
Catálogo de préstamo electrónico en castelán (eBiblio Galicia)
Migración de eBiblio a unha nova plataforma

Debido ao cambio de provedor da plataforma tecnolóxica que sustenta eBiblio, desde o Ministerio de Cultura y Deporte comunícannos que é posible que algún dos servizos se vexan interrumpidos en todas as CCAA, parcial ou totalmente, a partir do 26 de novembro. Así mesmo, o Ministerio ven de informarnos de que durante o 7 e o 8 de decembro, a plataforma non estará en funcionamento. O restablecemento de todos os servizos web, así como a dispoñibilidade da nova app, están previstos para o 9 de decembro.

En canto dispoñamos de máis información, enviarémola por correo electrónico a través do CAU e publicarémola nesta web.

Lembrámosvos que o catálogo galego de préstamo electrónico continuará operativo con normalidade.