AVISOS
26/11/2020
Catálogo de préstamo electrónico en castelán (eBiblio Galicia)
Posible suspensión do servizo hoxe, 26/11/2020, ás 23.59 h.

Segundo nos informan desde o Ministerio de Cultura y Deporte, é posible que eBiblio Galicia deixe de estar operativa ás 23.59 h. do día de hoxe, tanto para facer novos préstamos como para ler os que estean actualmente en curso. O restablecemento de todos os servizos web, así como a dispoñibilidade da nova app, están previstos para o 9 de decembro. En canto dispoñamos de máis información, enviarémola por correo electrónico a través do CAU e publicarémola nesta web.

Lembrámosvos que o catálogo galego de préstamo electrónico seguirá estando operativo con normalidade.

Lamentamos as molestias que vos poida ocasionar esta situación, tanto para os vosos usuarios como para vós, e que son totalmente alleas á Xunta de Galicia.